CMIX: Centro Municipal de Información Xuvenil

Actividades

Denominación Requisitos Datas Prezo / Dotación Información
Campamentos deportivos da Deputación da Coruña. Verán 2024
  • Rapazas e rapaces empadroadas/os na cidade da Coruña.
  • Idades entre os 9 e os 14 anos (nados entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2015).
  • Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña que non participasen en ningún Campamento de Verán da Deputación da Coruña.
  • De existir máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público.
  • No caso de que se detecten máis dunha solicitude por persoa, terase en conta a derradeira realizada.
  • A inscricións farase a través do formulario habilidado na web de Deportes do Concello. 
Data: Dende o 21/07/2024 ata o 26/07/2024Data de inscrición Ata o 28/05/2024

85,00 € (se ingresarán, unha vez obtida praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña). 

Inclúe: Transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

PRAZOS DA CONVOCATORIA:

  • Inscricións: na web municipal de Deportes, ata o 28 de maio de 2024 ás 23:59h.
  • Listaxe provisional de solicitantes: 29 de maio a partir das 13:00h. 
  • Emenda de erros: dende a publicación da listaxe provisional ata o 2 de xuño ás 23:59h, a traves do correo programasdeportivos@coruna.gal.
  • Listaxe definitivo de solicitantes: 03 de xuño de 2024 a partir das 14.00h.  
  • Sorteo: 04 de xuño a partir das 10:00h. 
  • Listaxe de prazas adxudicadas: 04 de xuño de 2024 a partir das 15:00h.
  • Matrícula: do 5 ao 9 de xuño de 2024 (ambos os dous incluidos), a través do correo electrónico.
  • Listaxe de agarda: a partir do 11 de xuño.

Contacto:

Concellería de Deportes do Concello da Coruña.

Rúa Manuel Murguía s/n, A Coruña

Tel. 981 18 98 00  

Correo electrónico: programasdeportivos@coruna.gal

Mañás de Verán Data: Dende o 25/06/2024 ata o 06/09/2024Data de inscrición Ata o 16/06/2024

Dende 11 € (día solto) até 162€ (4 semanas).

*Prezos por semana a consultar na páxina web.

Contacto:

Centro Xuvenil Abeiro

Rúa Don Bosco nº 1

15002 - A Coruña

Tel: 693 84 60 23

Mail: cxabeiro@cxabeiro.org

Axudas para participar nos programas Conecta con Galicia e Conecta co Camiño
  • Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
  • Ter a nacionalidade española.
  • Ter a súa residencia habitual no estranxeiro.
  • Atoparse vinculadas con calquera concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE), cunha antigüidade mínima de 12 meses.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio e carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
  • Para optar ás prazas con financiamento do 100 %, o importe total dos ingresos e rendas que perciban todos os membros da unidade familiar, non poderá superar o límite da cantidade que resulte do dobre da base de cálculo da prestación por razón de necesidade aprobada no ano 2024 para o país de residencia ou, no caso de residir en Europa, do salario mínimo interprofesional no país de residencia para o ano desta convocatoria, multiplicado polo número de persoas que convivan menos unha. As persoas interesadas que entendan que os ingresos da unidade familiar superan ese tope deberán optar por unha das prazas ofertadas na modalidade de copagamento. 
  • Programa Conecta con Galicia:
    • Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 17 anos durante todo o programa, isto é, deberán ter feitos 16 anos ao inicio do campamento e non poderán cumprir 18 antes do 29 de xullo.
    • Non ter participado en edicións anteriores deste programa.
    • Saber nadar.
  • Programa Conecta co Camiño:
    • Ter unha idade comprendida entre os 18 e 20 anos na data de inicio do programa.
    • Non ter participado en edicións anteriores en ningún programa convocado pola Secretaría Xeral da Emigración.
Data: Data de inscrición Ata o 20/05/2024

Prazas ofertadas na modalidade de copagamento: 800 €, se residen en América, e 250 € se residen en Europa.

Os programas inclúen: a organización da viaxe, os traslados en avión das persoas participantes, o desenvolvemento das actividades, o transporte daquelas persoas que realicen un retorno inmediato ata o aeroporto de saída, os servizos de aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, e o material necesario para o desenvolvemento das actividades.

  • Conecta con Galicia: 50 prazas para mozos e mozas residentes no estranxeiro, con idades comprendidas entre os 16 e os 17 anos, para participar nun campamento xuvenil, do 15 ao 29 de xullo, no albergue Gandarío en Bergondo (A Coruña).
  • Conecta co Camiño: 60 prazas para mozos e mozas residentes no estranxeiro, con idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos, para participar nun programa de actividades deportivas e socioculturais relacionadas co Camiño de Santiago, que se desenvolverá entre o 19 e o 31 de xullo. Durante toda a súa estadía en Galicia as persoas participantes aloxaranse na residencia xuvenil Altamar en Vigo.

Contacto:

Secretaría Xeral da Emigración

Rúa dos Basquiños, nº 2. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 545 882

Email: accion.social.emigracion@xunta.gal

Publicación:

Programa Conecta con Galicia:

Programa Conecta co Camiño: