Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Concurso fotográfico "Meteoprimavera 2024"

    Inscricións:

    Ata o 10/06/2024

    A Asociación Meteorolóxica Española (AME), en colaboración con Tempo.com, convoca o concurso de fotografía "Meteoprimavera 2024".

  • #concursodepoesía de Zenda Libros

    Inscricións:

    Ata o 26/05/2024

    Zenda Libros, co patrocinio de Iberdrola, organiza este concurso de poesía no que un xurado formado por coñecidos escritores e escritoras elixirá un gañador e dous finalistas.

  • Documental “Xove, Democracia Nuclear”

    Cando:

    10/06/2024

    A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros proxecta, no Fórum Metropolitano, o documental "Xove, Democracia Nuclear”, sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio mariñao nos anos setenta.

  • Praza Dirección-Asesoramento Psicolóxico CIM do Concello de Cee

    Inscricións:

    Ata o 20/05/2024

    Proceso selectivo para a cobertura definitiva, mediante o sistema de oposición libre da praza de Dirección-Asesoramento Psicolóxico do Centro de Información a Muller (CIM) de Cee.

  • COML0209 - Organización do transporte e a distribución

    Cando:

    Dende o 21/05/2024 ata o 02/09/2024

    Acción formativa gratuíta destinada a persoas desempregadas impartida por nt:For co que se obterá un certificado de profesionalidade de Nivel 3 (formación no traballo técnico).

  • Morriña Fest 2024

    Cando:

    Dende o 26/07/2024 ata o 27/07/2024

    O Morriña Fest volve á Coruña nunha nova edición que terá lugar no Peirao de Batería do porto da cidade. O cartel conta con artistas como Dani Fernández, Juan Magán, Aitana, Lola Índigo e moitos/as máis.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión