9 resultados
Os días 02/05/2024, 16/05/2024, 11/06/2024
As Bibliotecas Municipais organizan un novo ciclo de actividades enmarcadas dentro do programa de encontros participativos Biblioteca Verde. Baixo o título "Naturaliza o teu barrio", exploraranse diversos aspectos vinculados ao coñecemento e aproveitamento da contorna natural na Coruña.
Dende o 03/05/2024 ata o 30/05/2024
O prazo de inscrición de cada actividade finaliza o domingo anterior ao comezo da mesma.
As casas da mocidade de Oleiros organizan unha serie de actividades durante o mes de maio.
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Con motivo da realización da edición 2024 das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, publícase a edición 2024 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas xornadas e informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.
Dende o 16/04/2024 ata o 30/04/2024
ata as 12.00 h.
DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que ofrece aos mozos de 18 anos a posibilidade de explorar Europa a través dun bono para viaxar en tren e, ademais, un Carné Novo Europeo para obter numerosos descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida.
Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024
O Espazo Xuvenil O Remanso organizan unha serie de actividades durante o mes de abril. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024
Non é necesaria inscrición.
Proponse un reto para quen queira participar. Cada luns do mes, no Remanso, anunciarase a palabra sobre a que hai que debuxar. Pode ser un debuxo a man en papel ou dixital. A idea é que as persoas participantes suban os debuxos semanalmente a instagram, etiquetando a @mocidadecoruna, e co cancelo #retoremansoabril. As persoas que completen o reto poderían recibir un sinxelo agasallo como recompensa.
Dende o 05/04/2024 ata o 27/07/2024
con diferentes prazos de inscrición para cada actividadeNocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social do Concello da Coruña, que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade a través do PNSD. Ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificardes as vosas fins de semana.
Dende o 01/09/2023 ata o 30/06/2024
O MUNCYT Coruña, ofrece a través deste programa propostas divulgativas elaboradas ao redor da colección do museo e, tamén, en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas: visitas guiadas e xogos de pistas sobre a colección adaptados aos distintos niveis educativos, combinados coa participación en talleres orientados á reflexión, experimentación e comprensión de fenómenos científicos que gardan relación coa colección do museo.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña poñen en marcha o Servizo de Atención Tecnolóxica en liña. Unha persoa experta atenderá individualmente as túas dúbidas e problemas no ámbito dixital tanto dos dispositivos electrónicos (móbiles, portátiles, tabletas...) como os referidos ás ferramentas, páxinas ou redes sociais na Internet (navegación, inscrición, intimidade, configuración...).
resultados 9
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
Ata o 08/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible