8 resultados
24/05/2024
A Fundación Paideia organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado Europeo, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidaridade. As persoas asistentes poderán ademais plantexar preguntas e aclarar dúbidas.
Dende o 13/05/2024 ata o 15/05/2024
Pint of Science é un evento de índole internacional que invita aos investigadores máis punteiros a compartir os seus coñecementos nun ambiente relaxado e distendido. Tres días cheos de ciencia nos que os bares se transformarán en escenarios de aprendizaxe e de encontro, onde expertos de diferentes campos compartirán as súas investigacións de maneira accesible e entretida.
Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de maio de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
Os días 02/05/2024, 16/05/2024, 11/06/2024
As Bibliotecas Municipais organizan un novo ciclo de actividades enmarcadas dentro do programa de encontros participativos Biblioteca Verde. Baixo o título "Naturaliza o teu barrio", exploraranse diversos aspectos vinculados ao coñecemento e aproveitamento da contorna natural na Coruña.
Os días 17/04/2024, 08/05/2024, 22/05/2024, 05/06/2024, 19/06/2024
Neste club, do Espazo Diverso, descubrirás lecturas que falan do colectivo LGTBIQA+ e coas que reflexionar sobre a súa realidade.
Os días 18/03/2024 ás 18:30 , 16/04/2024 ás 18:30 , 07/05/2024 ás 18:30 , 04/06/2024 ás 18:30
un encontro ao mes
"Primavera literaria" é un ciclo de encontros literarios que organiza a Biblioteca Municipal Os Rosales para os meses de marzo, abril, maio e xuño e que contarán coa participación de Xurxo Souto, Alejandro Tobar, Xosé Monteagudo e Paula Carballeira.
Dende o 27/01/2024 ata o 30/06/2024, os sábados e domingos
O Aquarium Finisterrae incorpora unha nova actividade que se ofrece ás persoas que visitan o centro. Trátase de charlas breves sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium, ofrecidas polo persoal de atención ao público.
Dende o 20/06/2023 ata o 30/06/2024
O Muncyt acolle unha exposición temporal que profunda no ámbito da investigación neurocientífica e o funcionamento do cerebro. Nela achégasenos de modo práctico, accesible e ameno, á neurociencia. Como complemento á exposición, o museo ofrece un ciclo de conferencias que reúne unha selección de expertos que abordarán distintos aspectos do noso laberíntico cerebro para entender mellor o que somos.
resultados 8
Dende o 03/05/2024 ata o 17/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible