20 resultados
19/05/2024
O centro Ágora acollerá este mes un concerto de Ialma, un grupo formado por catro pandeireteiras e cantareiras fillas e netas de galegas na diáspora que, dende hai máis de vinte anos, cantan e tocan o seu país de orixe en todo o mundo. O espectáculo forma parte do programa Agra no Ágora 2024, un programa financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra do Orzán.
19/05/2024
O lendario grupo de folk galego Milladoiro celebra este 2024 o seu 45º aniversario cun concerto especial o vindeiro domingo 19 de maio no Palacio da Ópera da Coruña.
23/05/2024
Maio é o "Mes das Letras" e no Espazo de Intervención Cultural da UDC NORMAL celébrano cun concerto da banda galega de indie rock Chicharrón e cun recital de poesía da filóloga e doutora en didáctica das linguas e da expresión dramática Rosalía Fernández Rial︎.
18/05/2024
Colectivo Mareira presenta a nova edición do "Mareira Fest", 13 horas ininterrompidas de música na Fundación Luís Seoane para só 200 asistentes cun cartel ecléctico composto por artistas locais e nacionais.
18/05/2024
O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos cunha programación especial que inclúe xornada de portas abertas, visitas guiadas, obradoiros familiares e un concerto de rock no Museo.
15/05/2024
A Deputación da Coruña organiza no Teatro Colón un acto poético musical conducido por Yolanda Castaño e Dores Tembrás en homenaxe a Luísa Villalta. Tomando como punto de partida o prólogo de "Música Reservada", 6 artistas inspíranse para compoñer obras musicáis e performativas que dialogan intimamente entre o corpo e o mundo sonoro de Luísa Villalta.
Dende o 03/05/2024 ata o 31/05/2024
A Sala Filomatic presenta a súa programación de concertos para o mes de maio.
Dende o 03/05/2024 ata o 31/05/2024
A sala Garufa Club presenta a súa programación de concertos e espectáculos para o mes de maio.
Dende o 11/05/2024 ata o 26/05/2024
O Teatro Colón acollerá o Maio Jazz 2024, un programa de cinco concertos gratuitos de jazz organizados pola Deputación da Coruña.
Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de maio de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
resultados 20
Dende o 03/05/2024 ata o 17/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible