Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Organizada pola Asociación FICBUEU, a Residencia FICBUEU é un programa formativo para creadoras e creadores audiovisuais no que diferentes profesionais acompañarán e titorizarán proxectos
de curtametraxe. O proxecto desenvolverase en outubro na Illa de Ons e estará enfocado a fortalecer propostas dende o guión.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 16/10/2024 ata o 23/10/2024
Inscricións:
Ata o 15/05/2024
Requisitos:
Persoas maiores de 18 anos que residan en territorio nacional e que teñan un proxecto de curtametraxe cunha primeira versión de guión escrita e que teñan un dominio fluído do español.
Poderanse presentar obras de calquera xénero, cunha duración total máxima de 30 minutos.
Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe.
As persoas participantes deberán posuír comprensión oral e escrita da lingua castelá. Os proxectos cuxa lingua orixinal non sexa o castelán deberán achegar unha copia nesa lingua.
Remuneración / Dotación:
O programa cubre os gastos de estancia e manutención durante os 7 días e os desprazamentos en barco desde Bueu ata a Illa de Ons.
Programa de asesoramento e formacións específicas impartidas por profesionais.
Un dos catro proxectos participantes será seleccionado para levar a cabo a súa produción.
A Residencia FICBUEU ten como principal obxectivo xerar un espazo de traballo dedicado ao tratamento integral de proxectos de curtametraxe na súa etapa de desenvolvemento, tendo como principal finalidade o fortalecemento do seu carácter autoral.
SOLICITUDES: a inscripción e documentación requerida deberá enviarse ao correo-e mariarfalco@ficbueu.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible